Get Mystery Box with random crypto!

CCOO ENSINO

Logo saluran telegram ccooensino — CCOO ENSINO C
Logo saluran telegram ccooensino — CCOO ENSINO
Alamat saluran: @ccooensino
Kategori: Pendidikan
Bahasa: Bahasa Indonesia
Pelanggan: 2.05K
Deskripsi dari saluran

📲🏫 Toda a información do ensino galego

Ratings & Reviews

2.67

3 reviews

Reviews can be left only by registered users. All reviews are moderated by admins.

5 stars

1

4 stars

0

3 stars

0

2 stars

1

1 stars

1


Pesan-pesan terbaru 2

2023-04-26 16:43:28 CCOO Ensino - InformaT

NOTA INFORMATIVA CONCURSO MÉRITOS DE ESTABILIZACIÓN

A Consellería publicou no portal educativo aclaración sobre os empates nas puntuacións provisionais do concurso de méritos extraordinario de estabilización.

Con relación á publicación das puntuacións provisorias do baremo correspondente aos procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos, desagregada por corpos e especialidades, por epígrafes e por orde de puntuación outorgada, cómpre sinalar que no caso de empate no que respecta ao baremo outorgado non se reflicten os criterios de desempate que se establecen na base 13.3 da orde de convocatoria, senon, que se aplica a orde alfabética das persoas aspirantes.

Con todo, a resolución dos empates, de ser o caso, resolverase aplicando os criterios establecidos na citada orde de acordo coa puntuación outorgada e, en último termo, o tempo de servizos prestados na especialidade (computados en anos, meses e días) e será reflectida na publicación das puntuacións definitivas do baremo.

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/39738
1.1K views13:43
Buka / Bagaimana
2023-04-26 13:41:55
26/04/2023 - DÍA DA VISIBILIDADE LÉSBICA

Dende CCOO Ensino lembramos a necesidade de crear espazos propicios para a liberdade das nosas docentes e alumnas lesbianas, e conseguir protocolos específicos que acaben coa lesbofobia nos contextos escolares.

Máis información na web

https://fe.ccoo.es/noticia:662315
1.0K views10:41
Buka / Bagaimana
2023-04-25 14:54:56
Publicadas as puntuacións provisorias do baremo do concurso extraordinario de méritos

Secundaria
Escola de Idiomas
Catedráticos/as de música e artes escénicas
Profesores/as de música e artes escénicas
Profesores/as de artes plásticas e deseño
Mestres/as de taller de artes plásticas e deseño
Mestres/as
Profesorado especialista en sectores singulares da FP

Prazo de reclamación: do 26 de abril ata o 10 de maio de 2023, ambos incluídos.

Toda a información, na web

https://www.ccooensino.gal/informacion-ampliada.php?idNoti=2815
1.1K views11:54
Buka / Bagaimana
2023-04-25 12:45:15 CCOO Ensino - InformaT

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na especialidade de Lingua estranxeira francés do corpo de mestres

Procedemento de reclamación: Obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado do procedemento ED003A, opción “Alegacións”, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo para reclamar: do 26 ao 28 de abril (ambos incluídos).

Máis información: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/39720
1.1K views09:45
Buka / Bagaimana
2023-04-25 11:19:25
1.1K views08:19
Buka / Bagaimana
2023-04-25 11:19:25
1.1K views08:19
Buka / Bagaimana
2023-04-25 11:10:56
Publicado o sorteo dos tribunais para as oposicións 2023

Tribunais do corpo de mestres

Tribunais do corpo de secundaria e outros

Causas de concesión de suplencia

Causas de abstención e recusación

Na web

https://www.ccooensino.gal/informacion-ampliada.php?idNoti=2813
1.1K viewsedited  08:10
Buka / Bagaimana
2023-04-24 12:16:31
INTEGRACIÓN DO PROFESORADO PTFP NO CORPO DE PES

Hoxe pódese comprobar que as accións tomadas por CCOO contra o RD 800/2022, do 4 de outubro, e contra a Orde do 28 de outubro de 2022 non paralizaron nin puxeron en perigo a integración do profesorado funcionario de carreira, como algúns daban a entender interesadamente.

Dende CCOO seguiremos presionando á Consellería para que o pagamento das cantidades derivadas deste procedemento se faga á maior brevidade posible.

Do mesmo xeito, demandaremos que o complemento retributivo para aquel profesorado que non se integra no corpo de PES se aplique a todos os colectivos. A igual traballo, igual salario!

Queremos dar cobertura legal aos colectivos que non se integran ou que non se lles recoñece a retroactividade.

Animamos as persoas excluídas a que presentedes reclamación. Contactade connosco para iniciar o proceso.
1.2K viewsedited  09:16
Buka / Bagaimana
2023-04-24 10:51:39
Publicado no DOG a convocatoria de concurso de traslados específico para cubrir prazas nos equipos de orientación específicos de Galicia.


Enlace a DOG

Na web https://ccooensino.gal/informacion-ampliada.php?idNoti=2812
1.1K viewsedited  07:51
Buka / Bagaimana
2023-04-24 09:47:10
Publicada en DOG a Orde pola que se resolve o procedemento de integración de PTFP no corpo de PES.

Enlace a DOG

Na web
https://www.ccooensino.gal/informacion-ampliada.php?idNoti=2811
1.1K views06:47
Buka / Bagaimana